A creación dun Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia marca a creación do clúster do sector

CTTG

18/4/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
Responsables de Comunitel, R, Televés, Intelsis, Egatel, Arteixo telecom e posiblemente Telefónica e Vodafone sentaranse mañá á mesma mesa en Santiago. É unha das primeiras medidas para a creación dun clúster de empresas de telecomunicacións. Entre os principais temas de debate está a construción dun Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (CTTG) que servirá de lanzadeira dun ambicioso proxecto que quere converter ao noso país nun polo industrial de provedores, fabricantes e investigadores en telecomunicacións. De momento a Xunta, a través da Consellaría de Industria, comprometeu un millón de euros e remitiulle o proxecto ao goberno central para que financie a iniciativa.

Máis información en La Voz de Galicia e no web da Consellaría de Industria

Que che parece esta nova?
19 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consellaría de Industria, Goberno Central, La Voz de Galicia, Arteixo