Nova rede de bibliotecas en Cangas e éxito da iniciativa "maletas viaxeiras"

Libros para o pobo

6/2/2001 | Santiago.Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Cangas contará en breve cunha nova rede de bibliotecas e porá en marcha unha campaña de promoción da lectura. Por outra banda, a Delegación de Cultura en Galicia vén de facer públicos os datos de emprego das súas iniciativas de bibliotecas móbiles e "maletas viaxeiras", sinalando a grande acollida destas iniciativas. Todo cun obxectivo común: promover a lectura entre as persoas que viven afastadas das grandes bibliotecas.


Biblio Cangas

O concello de Cangas porá en marcha entre abril e maio unha campaña de animación á lectura en colaboración coa Dirección Xeral de Promoción Cultural. Esta campaña arrinca coa inauguración das novas bibliotecas do Concello, situadas nas parroquias de Hío, Darbo, e Aldán. Ademais, prevese a posta en marcha dunha biblioteca infantil na Casa de Cultura de Cangas.

Bibliotecas móbiles

Veñen de coñecerse os datos de emprego das bibliotecas móbiles que desenvolve a Subdelegación de Cultura en vintesete municipios de Ourense. Arredor de mil títulos semanais préstanse nos bibliobuses que percorren as aldeas e lugares sen biblioteca da provincia. A iniciativa paralela das "maletas viaxeiras" que conteñen uns corenta títulos de lectura, música e video, cada unha, tiveron 391 pedidos o ano pasado por parte de asociacións e concellos. Outras iniciativas coma a bibliopiscina que se pon en marcha en Oira cada verán tamén tiveron unha grande aceptación.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

19/02/2009

Eleccións e cultura (II)

A lei de Bibliotecas e subvencionar a compra de libros principais propostas electorais

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, Cangas, Lectura, Animación...