Santiago acolle en marzo a Celebración Mundial da Poesía do PEN Club

Capital da poesía

| Santiago.Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Corenta e cinco autores de catro continentes entre os que se atopan catro premios nóbeles, visitarán Compostela entre os días 21 e 24 de marzo de este ano. Virán convocados polo PEN Club de Galicia e o patrocinio da UNESCO, co gallo da Celebración Mundial da Poesía.

Autores

Entre os asistentes destacan os premios nóbeles Kenzaburo Oé (Xapón), Seamus Heaney (Irlanda), Günter Grass (Alemaña), Derek Wallcot (Barbados) e Wolé Soyinka (Nixeria). Ademais, acudirán escritores de recoñecido prestixio internacional, coma o uruguaio Mario Benedetti, o portugués Eugênio de Andrade, o colombiano Álvaro Mutis ou o español José Hierro.



Máis autores de máis preto

Ademais de escritores recoñecidos internacionalmente, virán a esa xuntanza autores de culturas minorizadas, coma os bascos Bernardo Atxaga, Amaia Iturbide e Itxaro Borda ou os cataláns Pere Gimferrer, Alex Susanna, Vicent Llorca e Carles Duarte. Desde España virán, ademais de José Hierro, Ángel González, Clará Janés, Luis Antonio de Villena e Luis Alberto de Cuenca entre outros, e desde Portugal, ademais do laureado Eugênio de Andrade, achegaranse Mario Cesarini, Casimiro de Brito e Rosa Alicia Branco.

¿Para facer que?

As actividades previstas para este encontro inclúen recitais de poesía, coloquios entre poetas, exposicións bibliográficas, encontros entre editores, presentación e sinatura de libros, e actuacións músico-poéticas, ademais de realizar mostras de montaxes audiovisuais como novos vehículos de expresión poética. A intención do PEN Club galego, así como do internacional e da UNESCO é favorecer o intercambio entre as diferentes visións do mundo dos participantes.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, UNESCO, Escritores, Bernardo Atxaga...