A chuvia causa baixas, pero a festa da poesía segue en Compostela

Continúa a poesía

A omnipresente chuvia é o principal obstáculo ó que se está a enfrontar a Celebración Mundial da Poesía que se desenvolve estes días en Compostela. O Antillano Derek Wallcott está a acusar o mal tempo na súa saude, o que provocou o retraxo ata esta mañá da rolda de prensa prevista para onte.


Inauguración


A inauguración da tarde de onte, que contou coa presencia do Presidente da Xunta, Manuel Fraga, e do Conselleiro de Cultura, Xesús Pérez Varela, desenvolveuse a perfección e os poetas departiron amigablemente un bo anaco de ir cear. O mal tempo outra vez provocou casos curiosos, coma o do italiano Emilio Cocco, que por causa do temporal e dunha fola de pilotos, pasara unha noite sen durmir na viaxe. Pola súa banda, o portugués Eugénio de Andrade acusaba tamén o Frío, e Derek Wallcot recusaba conceder entrevistas escusándose na súa saúde.












Ata a fin




A pesar do estado de saúde de Wallcott, o antillán afirmaba na rolda de prensa a súa vontade de participar no recital previsto para esta tarde no Consello da Cultura onda Wole Soyinka, que esta mañá aínda non aterrara en Compostela. Tamén se mantén para esta noite o recital colectivo do Pazo de Bendaña. Mañá comeza a xornada co coloquio "A arte a palabra", e continúa co recital do CGAC. Durante a tarde, os poetas do mundo visitarán a casa-museo de Rosalía e ofrecerán un recital. Para a noite outro recital colectivo no Auditorio de Galicia, que se desenvolverá ata altas horas da madrugada e no que participarán un grande número de poetas galegos novos. O sábado, última xornada do encontro, comezará cun coloquio sobre a relación da poesía coas novas tecnoloxías. En canto a recitais será o turno dos poestas galgos, ás doce e media da mañá e ás sete e media da tarde. Polo medio, ás cinco, un coloquio sobre a edición de poesía, e como traca final , "Compostela de lúa e pedra", un Festival Músico-Poético que despedirá a festa desde o Pazo de Bendaña.
A ver se a chuvia se porta.