Comezan os actos da Celebración Mundial da Poesía en Comostela

Arrinca a palabra

O Hostal dos Reis Católicos de Compostela será o escenario onde esta tarde se inaugurarán os actos da segunda edición Celebración Mundial da Poesía que organiza o PEN Clube. Recitais, encontros entre poetas, debates e outras actividades desenvolveranse ata o sábado en Compostela. Máis de cen poetas de todo o mundo foron convidados a este encontro, entre os que están dous premios Nobel.







Arrancando



Esta mesma mañá os participante recolleron o material para o encontro no propio Hostal. A continuación, Hanan Awwad, presidenta do PEN de Palestina, falou para a prensa sobre a situación da poesía no seu país. Será as oito cando comecen as actividades coa actuación do grupo de cámara Maldadança e a celebración dun viño de honra. Ás once da noite comezará "Abrindo o milenio", unha serie de recitais de poetas novos por varios pubs da zona vella compostelán.













Máis cousas



A xornada de mañá comezará co coloquio "Século XXI, a palabra do poeta" no que participarán os poetas Alberto Nessi, Lasse Söderberg, Rosa Alice Branco, Arcadio López-Casanova e Darie Novaceau moderados por Darío Villanueva. A continuación Chales Tomlinson, bella Akhmandulina, Eugénio de Andrade, Nicolle Brossard, Luz Pozo Garza e Helena Villar. Durante a tarde celebrarase o coloquio "Creación e Compromiso. A espada na canción", no que estarán Felipe Juaristi, Emilio Coco, Silvio Castro, Diego Jesús Jiménez, Eva Tóth e Vicenç Llorca. A xornada rematará cun recital dos premios Nobel Derek Wallcott e Wole Soyinka no Consello da Cultura Galega.