O Pen Club homenaxea a un dos seus fundadores, o poeta Xoán Manuel Casado

Naturaleza con poesía entra

Hoxe, 21 de marzo, é o día Mundial da Poesía. E non podemos deixar pasar tal data sen falar de poesía. E, os actos para este día chegarán, como non podía ser doutro xeito, da man do Pen Clube de Escritores de Galicia. Un evento que terá varias citas. A primeira delas terá lugar mañá, no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega, onde varios poetas renderán unha homenaxe ó recén finado, Xoán Manuel Casado (1949-2002). E, xuntando o Día Internacional coa Poesía e o Día Internacional da Árbore, o propio Pen Club celebrará na cada de Wenceslao Fernández Flórez a "Celebración da Poesía e Natureza" o vindeiro 5 de abril.

Homenaxe a Xoan Manuel Casado


O Pen Club de Galicia non quixo deixar pasar por alto un evento doble. POr unha banda o Día Internacional da Poesía e por outra que hai pouco tivo lugar o pasamento de Xoan Manuel Casado, un poeta que ten a honra de ser un dos seus fundadores. E por iso, o Pen Club organizou unha homenaxe que terá lugar o venres 22 de marzo no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega. Un acto no que participarán coñecidos escritores como Xesús Alonso Montero, Alfredo conde, Victor F. Freixanes, Margarita Ledo Andión, Xosé Luís Méndez Ferrín, Henrique Monteagudo, e Basilio Losada, entre outros. Amigos persoais do escritor que, malia que naceu en Barcelona, era fillo do galego Manuel Casado Nieto, o que fixo que desenvolvese unha fonda raíz en Galicia. De feito, ten publicada abondosa obre en galego, entre a que destaca "Rexistro de menores espantos". Unha obra que destacou a súa liña poétia íntima e irónica, dentro dun ambiente marcada pola chamada poesía social. Unha obra á que lle seguiron Os preludios no 1980. o Libro de Caldelas no 1982, que foi Premio Nacional da Crítica, e Antigo futuro en 1986. Pero non foi o único premio que acadou co seu saber facer, xa que co "Libro de Caldelas" (1982) conseguíuo o Premio Nacional da Crítica.












Días


O Día Internacional da Poesía e o Día Internacional da Árbore teñen, este ano, un evento común. E ese evento é a "Celebración da Poesía e da Natureza" que terá lugar o vindeiro 5 de abril na Casa de Wenceslao Fernández Flórez e qeu está cargado de actos. Uns actos que comezarán ás 12 da mañá coa Exposición Fotográfica "100 anos da Fraga de Cecebre" ó que lle seguirá un acto conmemorativo no que intervirán Manuel Fraga, presidente da Xunta de Galicia, Xaime Isla Couto, Presidente da Fundación Wenceslao Fernández Flórez; Carlos del Álamo, Conselleiro de Medio Ambiente e Xesús Pérez Varela, Conselleiro de Cultura.
E, para completar un acto que homenaxea o día da poesía, non poden faltar os recitais. E haberá dous: o primeiro "Poesía no Bosque Animado", no que intervirán 10 poetas e alumnos dos centros de ensino; e o segundo, "A voz da natureza", na que participarán outros dez poetas. Ambos recitais estará separados por dous actos simbólicos. O primeiro, a prantación dunha abelaneira como a "Árbore dos Poetas" elogo un Xantar de Confraternización na Casa de Wenceslao Fernández Flórez, á que asistirán os poetas convidados.