A Asociación de Escritores pide á UNESCO a inclusión do seu sitio web no Directorio Mundial da Poesía

Recoñecemento da UNESCO

A Asociación de Escritores en Lingua Galega vén de solicitar á UNESCO a inclusión do web da entidade no Directorio Mundial da Poesía que esta organización mantén desde o ano 2000 na súa web co obxecto admitido de "soster a diversidade dos idiomas a través da expresión poética" e "proporcionar información sobre actividades poéticas no mundo". A AELG considera “inexistentes” os recursos sobre poesía galega neste directorio e sinala que a UNESCO “debe poñer coidado en non perpetuar a invisibilidade de sistemas literarios como o galego nas súas iniciativas integradoras”. No devandito Directorio Mundial da Poesía poden atoparse varias referencias a sitios de literatura e poesía como Andar21 e Culturagalega.org, así como ao web Alkionehoxe e ao web de Francisco Barros “Chankecham”.

Máis información no Directorio Mundial da Poesía
e no sitio da AELG