A resistencia cultural galega durante o franquismo, a análise en Catoira

De como se resistiu

"A resistencia cultural no franquismo: O ateneo do Ullán." é o título da IV Xornadas na Historia que comezan hoxe en Catoira. As xornadas, que se desenvolverán ata o vindeiro catro de agosto, contan coa participación de destacados persoeiros da cultura galega, coma Méndez Ferrín, Alonso Montero, Roberto Vidal Bolaño ou Carlos Casares entre outros. Coma convidados especiais estarán o Presidente do Principado de Asturias, Vigecente Álvarez Areces e o alcalde de Compostela Xosé Sánchez Bugallo.

Programa


As xornadas, dirixidas polo catedrático da Universidade de Santiago Xesús Alonso Montero, analizarán temas coma a loita estudiantil na universidade, a edición durante a dictadura, o papel da asociacións culturais ou o papel do escritor na resistencia cultural. Así, hoxe Darío Villanueva, rector da USC e Alberto García, alcalde de Catoira, abrirán as xornadas. Despois será o turno de Xesús Alonso Montero e do alcalde de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo. Mañá celebrarase unha mesa redonda na que intervirán Carlos Casares, Presidente do Consello da Cultura Galega; Isaac Díaz Pardo; Sabino Torres e representantes das asociacións culturais O Facho, Abrente, O Galo e Ateneo de Ourense. Outras das mesas previstas contarán coa presencia de Borobó, Víctor Freixanes, Margarita Ledo, Xosé Luís Méndez Ferrín e Salvador García Bolaño. A última das xornadas estará dedicada á canción protesta e ó teatro, e nela intevirán Benedicto García e Vicente Araguas, membros do colectivo Voces Ceibes, eos escritores Dolores Vilavedra, Manuel Lourenzo e Roberto Vidal Bolaño. O presidente do Principado de Asturias participará nunha mesa redonde sobre a loite estudiantil na universidade galega, xa que estudiou a carreira de Matemáticas en Compostela ata 1973. As conferencias desenvolveranse no Salón de Plenos do Concello de Catoira.



















Presentación e peche



Onda a Alonso Montero encárganse de coordinar o encontro Margarita Lobato García e Gonzalo Bouza-Brey, que presentará nas xorndas o seu libro "O ateneo ullán. Historia dunha resistencia", recentemente editado. A apertura do congreso corre a cargo de Darío Villanueva, rector da USC, que estará acompañado por Alberto García, alcalde de Catoira. A clausura do congreso estará a cargo de Francisco Fernández del Riego e incluirá un recital poético coordinado por Ramón Fandiño e a actuación da cantante María Manuela. As organización das xornadas conta coa colaboración do Consello da Cultura Galega.