A Xunta, os partidos e diferentes colectivos e institucións suspenden os seus actos e chaman á solidariedade coas víctimas dos atentados de Madrid

Condena e solidariedade

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O Goberno Galego decidiu suspender todos os seus actos institucionais en sinal de dó e en solidariedade coas víctimas dos atentados que se produciron esta mañá en Madrid e declarou tres días de loito oficial na comunidade. Esta medida foi apoiada pola práctica totalidade dos partidos galegos e por institucións coma o Consello da Cultura Galega e as Universidades. Do mesmo xeito, concellos, sindicatos e colectivos sociais coma a Plataforma Nunca Máis, o Seminario Galego de Educación para a Paz, as Cámaras de Comercio ou a Coordenadora de Organizacións Non Gobernamentais amosaron a súa repulsa polo masacre e chamaron á cidadanía a participar nas diferentes concentracións e mobilizacións convocadas por este motivo.

Máis información no servicio de noticias de Europa Press dentro do Web da CRTVG

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Madrid, CRTVG, Educación, Consello da Cultura Galega...