Todos os actos e concertos das Festas do Apóstolo en Compostela, concertos na Coruña, Vigo ou Pontevedra, o Festival Sinsal, o Intercéltico do Morrazo. A lista de suspensións e aprazamentos de iniciativas culturais en sinal de dó polo accidente ferroviario en Angrois que o pasado dÃa 24 deixou arredor de 80 mortos faise cada vez máis longa. Aos sete dÃas de loito oficial decretados pola Xunta de Galicia e ás medidas semellantes promulgadas en distintos concellos súmase a solidariedade de moitos colectivos e organizacións culturais. Deste xeito, desde o Festival Sinsal sinalan a suspensión do evento a sinalar que "seguir adiante durante esta fin de semana co Festival serÃa traizoar os nosos principios". Do mesmo xeito, tamén se apraza, aÃnda sen data, o Festival Intercéltico do Morrazo, que estaba previso para esta fin de semana en Moaña.
Tampouco se celebrarán os concertos de Love of Lesbian e Fangoria previstos para esta noite no auditorio vigués de Castrelos, nin o que Ãa facer Pablo Alvorán domingo nesta mesma cidade, que se apraza ata o 14 de agosto. Nin a Sesión Vermut que Ãan realizar este sábado The Homens e Samesugas na Zona C de Santiago ou as actividades de aCentral Folque para estes dÃas.
Os actos de inauguración da Feira do Libro de Rianxo, o Festival de Bandas de Ribadeo son outros eventos suspendidos, e xa desde o 24 á noite se cancelaron todos os programas festivos, como o Festigal ou o Festival do Povo previstos na celebración do DÃa da Patria. De xeito semellante, a asociación Niquelarte acordou suspender os Bicomuns que tiñan previsto celebrar esta fin de semana en MuxÃa e Camariñas.
A todos estes eventos vanse sumando a cada pouco novas cancelacións en solidariedade coas vÃtimas e os seus familiares e achegados.