O Festival Sinsal voltará o 31 de agosto e o 1 de setembro

O evento fixo público o cartel da edición que suspendeu

5/8/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Logo de suspender a súa última edición en solidariedade coas vítimas do accidente ferroviario de Angrois, o Festival Sinsal anuncia novas datas para este ano. A Illa de San Simón acollerá a novena xeira do evento os días 31 de agosto e 1 de setembro, cun cartel que será segredo, como ven sendo habitual, e que se repetirá durante as dúas xornadas. A organización fixo público o cartel da edición que non se celebrou e que incluía nomes como Fluzo, Triángulo de Amor Bizarro ou Caxade, e aínda que sinala que non poden recuperar toda a listaxe para esta edición, agardan poder contar con algúns destes artistas para vindeiros anos.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

22/04/2014

O Festival Sinsal medra

Pasa a se chamar Sinsal Son Estrella Galicia e amplía a tres días o seu programa

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sinsal, Caxade, Triángulo de Amor Bizarro, San Simón...

Claves

Protagonistas
Entidades