Sinsal celebra esta fin de semana o seu festival na illa de San Simón

Portamérica anuncia as datas para 2014 trala boa acollida deste ano

30/8/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Coa mesma dinámica: dous días de concertos, cartel secreto e un formato reducido para unha illa. O colectivo Sinsal organiza esta fin de semana unha nova edición do seu festival de verán logo de que o previsto para o mes de xullo (no que ían actuar Mikal Cronin, Austra, Sam Amidon oTriángulo de Amor Bizarro) se suspendeu por mor do accidente de Santiago. A cita desenvovlerase entre sábado e o domingo.

Canda este certame, outra das grandes citas do verán acaba de anunciar as datas de celebración do encontro para o vindeiro ano. Trátase de PortAmérica, o encontro de música, gastronomía e ideas que tivo 19.000 asistentes, un 11% máis que en 2012 e que se repetirá os días 17, 18 e 19 de xullo.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

22/04/2014

O Festival Sinsal medra

Pasa a se chamar Sinsal Son Estrella Galicia e amplía a tres días o seu programa

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sinsal, San Simón, Illa de San Simón, Portamérica...