O Seminario Galego de Educación para a Paz cumpre vinte anos preparando un libro e un documental

Vinte anos en paz

4/1/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
30 lecturas | Compartido 0 veces
O 2005 é o ano no que o Seminario Galego de Educación para a Paz fai dúas décadas de traballo no noso país. Para celebrar este aniversario, o colectivo está a ultimar en colaboración coa produtora SAGA TV un documental conmemorativo que se titulará “En son de paz”. Ademais, publicarase un volume que recolle textos de moitas das persoas que teñen colaborado co seminario nestes vinte anos, como son Federico Mayor Zaragoza, Baltasar Garzón, Román Gubern, Suso de Toro ou Manolo Rivas entre outros. Para marzo celebraranse os xa habituais XX Encontros de Educación para a Paz.

Máis información no servicio de noticias de Europa Press no web da CRTVG; no web do seminario e nos nosos arquivos

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
2 lugares identificados