O xuíz Baltasar Garzón inicia un ciclo de conferencias e proxeccións sobre a paz

Paz en Santiago

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
“Cultura de paz para un novo milenio” é o título coa que o Seminario Galego de Educación para a Paz prepara as actividades para o curso 2003-2004. Uns actos que abranguen desde unha exposición itinerante co título “Educación e cultura de paz en Galicia desde 1985 ata hoxe” ata unha videoteca permanente para todo o profesorado coa súa correspondente unidade didáctica. E sobre de cine tamén vai o ciclo que a semana que vén inaugurará o xuíz Baltasar Garzón. Trátase dunha serie de conferencias que irán acompañadas da proxección dun filme e que se celebrarán cada mes en Santiago.

Máis información no web do Seminario Galego de Educación para a Paz

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Cine

Claves

Conceptos