Institucións, colectivos e asociacións cancelan os seus actos culturais ante os atentados de Madrid

Concentracións ante a barbarie

Concentracións, paros e cancelacións de actividades culturais centran os actos de repulsa contra o atentado producido onte en Madrid. Hoxe, ás 19:00 horas iniciaranse as concentracións convocadas polo goberno en numerosos puntos do país. En Santiago sairá da Alameda, na Coruña da praza de Ourense, en Vigo da Rotonda Isaac Peral; en Lugo da subdelegación do Goberno, en Ourense do pavillón de "Os Remedios". E o mundo da cultura tamén quixo achegar o seu gran de area suspendendo os actos previstos. O Marco de Vigo e o CGAC en Compostela non abren hoxe as súas portas; o Centro Dramático Galego adiou até o fin de semana que vén a estrea da súa última produción "O ano do cometa" e a Fundación Eugenio Granell pospuxo ate o martes as performance de Gonzalo Pérez Castrilo.

Máis información en La Voz de Galicia , e no servicio de noticias de Europa Press dentro do Web da CRTVG, en Vieiros , no Xornal do Concello de Vigo