Concellos de toda Galicia convocan actos que conciencien aos cidadáns a eliminar a violencia de xénero

Contra a violencia

Políticos, artistas, escritores... todos contra a violencia de xénero. Hoxe, 25 de novembro, celébrase o “Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres” e cada quen achega o seu gran de area para denunciar unha situación que lle custou a vida de 59 mulleres no que vai de ano. Por iso, ademais das medidas legais e policiais adoptadas polas administracións, hoxe se convocan actos en numerosas localidades galegas, para convencerse da gravidade dos feitos.

Máis información sobre os actos convocados na provincia de Pontevedra no Diario de Pontevedra e, en Santiago, Ames e Ribeira, en varios concellos coruñeses, na provincia de Ourense en La Voz de Galicia