A Asociación de Gaiteiros Galegos e a Deputación de Pontevedra pactan unha tregua na guerra das gaitas

Gaitas para todos

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
Unha xuntanza entre representantes da Asociación de Gaiteiros Galegos e o delegado de cultura da Deputación de Pontevedra permitiu unha tregua na loita dialéctica que estaba a manter este colectivo contra a institución acusándoa de fomentar a penetración da gaita escocesa no noso país. As dúas partes acordaron reunirse dentro de dúas semanas para negociar un novo programa de formación organizado pola Asociación de Gaiteiros que se desenvolvería de xeito paralelo ao que vai desenvolver a Asociación de Banda de Gaitas Provincia de Pontevedra e que acendeu a polémica, segundo informa hoxe “Diario de Pontevedra”.

Máis información en La Voz de Galicia, na edición de hoxe de Diario de Pontevedra e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Pontevedra, Asociación de Gaiteiros Galegos, Diario de Pontevedra, Guerra...