Cangas rexeita a escola de gaitas da Deputación de Pontevedra

Gaitas de combate

20/9/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
O debate sobre o modelo de escolas de gaitas de Deputación de Pontevedra volta á actualidade. Desta volta é o Concello de Cangas o que rexeita continuar a súa colaboración neste sentido co organismo provincial por considerar que o modelo de ensino non se corresponde co estilo tradicional galego. Esta acción reabre o acendido debate que sobre estes centros se desenvolveu ao longo de 2005 entre a Asociación de Gaiteiros Galegos e a Deputación.

Máis información no Faro de Vigo, La Voz de Galicia e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Cangas, Deputación de Pontevedra, Vigo...