A Asociación de Gaiteiros Galegos oponse ao ensino do modelo escocés nas novas escolas de gaitas da Deputación de Pontevedra

Gaitas en pé de guerra

20/4/2005 | Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:
A Asociación de Gaiteiros Galegos mobilízase para evitar que as escolas de gaitas financiadas pola Deputación de Pontevedra sigan o modelo “escocés” da Banda de gaitas de Ourense. Os colectivos agrupados nesta asociación afirman que o convenio de creación de cinco escolas asinado pola Deputación coa Asociación Banda de gaitas provincia de Pontevedra por unha contía de noventa mil euros deixa de lado a outras asociacións culturais, institucións e escolas municipais que levan moitos anos traballando no ensino musical tradicional. O presidente da Deputación, Rafael Louzán xa negou que a intención destas escolas fose a de seguir o estilo escocés pero desde a Asociación de Gaiteiros Galegos manteñen as súas sospeitas e convocan para o sábado unha Asemblea multitudinaria no Teatro Principal de Pontevedra para expor o seu punto de vista.

Máis información en Galicia Hoxe
e no sitio da AGG

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escolas, Pontevedra, Asociación de Gaiteiros Galegos, Deputación de Pontevedra...