Colectivos de gaiteiros opóñense á creación das escolas de gaita

En pé de gaita

25/4/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Hai uns días o presidente da Deputación de Pontevedra asinou un convenio coa Asociación de Banda de Gaitas da provincia para crear cinco escolas de gaitas. Un feito co que non están de acordo a Asociación de Gaiteiros Galegos, o colectivo de artesás, músicos e ensinantes tradicionais galegos que ameazan con impugnar o acordo ao ter “a sospeita máis que fundada” de que nesas escolas se impartirán clases empregando gaitas e percusión que non son tradicionais de Galicia. Seguimos falando de música, porque se veñen de fallar os Premios da Música que concede a Academia das Artes e as Ciencias da Música e no que Carlos Núñez se fixo co premio á mellor álbum de música tradicional e “Luar Na Lubre” gañou o premio á mellor canción en galego. Pechamos o repaso musical con Cantigalia, a aventura musica que une a Doa e a Rosa Cedron que realizará unha xira de concertos por toda Galicia.

Máis información sobre a polémica creación das escolas de gaita no Diario de Pontevedra e no web dos Gaiteiros galegos; sobre os premios da música no web da Academia e sobre Cantigalia no web de Rosa Cedrón

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escolas, Pontevedra, Carlos Núñez, Rosa Cedrón...