Un acordo pon fin á “guerra das gaitas” que enfrontaba a Asociación de Gaiteiros Galegos coa Deputación de Pontevedra

Gaitas de paz

7/6/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Semella que desta vez si. Logo do anterior amago de acordo, e de numerosas reunións, o delegado de cultura da Administración Provincial, José Juan Durán e o representante da Asociación de Gaiteiros Galegos, Santiago Caneiro, anunciaban onte o acordo que pon fin á chamada “guerra das gaitas”. O pacto consiste nun convenio que asinarán en breve as dúas partes polo que a Asociación de Gaiteiros Galegos creará unha escola de música tradicional dentro da que se integrarán os polémicos cursos da Asociación de Bandas de Gaitas da Provincia de Pontevedra que foran a base da confrontación ao empregar gaitas escocesas. O proxecto, que conta cun orzamento de cen mil euros, porase en marcha o vindeiro mes de outubro.

Máis información en Diario de Pontevedra; e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Asociación de Gaiteiros Galegos, Guerra, Deputación de Pontevedra...