A Escola de Gaitas da Deputación buscará outro local para dar clases en Cangas

A escola polémica

21/9/2007 | Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:
O deputado provincial e ex-alcalde de Cangas José Enrique Sotelo acusou de sectarismo ao actual goberno local cangués por rexeitar o servizo da Escola de Gaitas da Deputación. Noutro episodio deste enfrontamento entre visións contrapostas da didáctica da tradición musical Sotelo asegurou que, pese a non dispor das instalacións municipais , o prazo de matrícula segue aberto e xa hai conversas para conseguir un novo local para as clases. Sotelo asegurou que de manterse a demanda por parte dos alumnos o curso seguirá adiante aínda que non dispoñan do Auditorio. Este é o segundo desencontro da deputación no tema das escolas de gaitas, hai dous anos romperon relacións coa Asociación de Gaiteiros galegos polo mesmo asunto.

Máis información en La Voz de Galicia e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cangas, Escolas, Asociación de Gaiteiros Galegos, Culturagalega...