Entréganse o premio Fiz Vergara Vilariño e o de novela do Casino de Compostela mentres sae á luz a reedición dun tratado do XVI

Premios e facsímiles

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O IV premio de poesía Fiz Vergara Vilariño que organiza o concello de Sarria e asociación cultural Ergueitos foi para Miguel Anxo Mato Fondo, filólogo e poeta, pola súa obra “Whiskey na barrica”, segundo decidiu onte o xurado deste certame. Tamén esta fin de semana, en Compostela, o escritor inglés Ian Mc Ewan recibía o Premio de Novela do Casino desta cidade, pola súa novela Expiación. Mentres, desde a Coruña coñecemos a publicación reedición tratado sobre peixes do século XVI que se conservaba na catedral de Mondoñedo e que ve a luz da man da editora Tejuelo.

Máis información sobre o Fiz Vergara Vilariño en El Progreso ; sobre o premio Casino en Galicia Hoxe; sobre o tratado do século XVI en La Opinión

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fiz Vergara Vilariño, Fiz, Poesía, Catedral...