O premio de poesía Fiz Vergara consolídase na súa cuarta edición aumentando en participantes

Fiz crece

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A asociación Ergueitos e o Concello de Sarria dan por consolidado o certame de poesía Fiz Vergara Vilariño coas catro edicións que xa leva. Este ano ao premio presentáronse 60 orixinais superando as cifras alcanzadas en anos anteriores e alén diso conseguindo por vez primeira a participación de escritores desde fora de Galicia. Fontes da asociación decláranse satisfeitas pola situación consolidada do certame, que ten como obxectivo manter a memoria de Fiz Vergara e conseguir que se lle dedique un Día das Letras Galegas e un congreso sobre poesía en Sarria. Outra das convocatorias máis singulares de literatura, o premio Risco de Literatura Fantástica convocado polo Concello de Ourense e a Fundación Vicente Risco, recibiu este ano doce orixinais deste xénero.

Máis información enLa Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fiz, Poesía, Literatura, Fiz Vergara Vilariño...