Anímase a publicación bilingüe castelán-galego de obras poéticas coa edición por parte da editorial Visor da poesía galega de Álvaro Cunqueiro e do famoso poema arxentino do mundo gaucho Martín Fierro, obra de José Hernández publicada pola Xunta. A obra de Cunqueiro cos poemarios galegos do autor mindoniense está traducida por Vicente Araguas excepto Herba de aquí ou acolá que é unha anterior tradución de César Antonio Molina. Sobre unha tradución realizada en 1960, corrixida e actualizada, publica a Xunta a obra Martín Fierro, do que saca agora 1000 exemplares. Por outro lado o centenario do nacemento de Ánxel Fole chega coa publicación do terceiro dos volumes que Galaxia dedica á obra do escritor lucense. O encargado desta edición, o poeta e profesor Claudio Rodríguez Fer, engade agora aos dous volumes publicados anteriormente coas obras completas en galego outro que recolle narrativa, poesía e artigos en castelán de Fole.
Máis información en El Progreso e en La Voz de Galicia