A noticia confÃrmase. Despois de non chegar aos quioscos esta última fin de semana, fontes de “La Voz de Galicia” confirmaron que "Golfiño" non voltará saÃr acompañando o xornal. O excesivo custe económico que supuña agasallar cada semana un exemplar da revista está detrás desta decisión. Os rumores sobre un posÃbel peche da revista disparáranse hai xa dúas semanas ao non se encargar aos autores que colaboraban coa revista novas entregas das súas series para continuar coa publicación. AÃnda que nun comezo se barallou pola banda da empresa a posibilidade de mudar o formato de publicación, voltando cobrar polo suplemento dedicado á banda deseñada, finalmente desbotouse esta posibilidade. Unha vez máis, Golfiño, descansa en paz.
Máis información sobre a etapa de “Golfiño” en “La Voz de Galicia”