Compostela acolle, desde a vindeira semana, a mostra "Golfiño en portada", na que se poden ver diferentes capas da revista

Expo Golfiño

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Unha selección de quince capas da revista "Golfiño" compoñen a exposición "Golfiño en portada" que se poderá ver, a partir do vindeiro xoves 22, no Centro Sociocultural e Xuvenil O Ensanche, en Compostela. Ademais das portadas e dos bosquexos das mesmas que Fausto Isorna realizou para a publicación, poderán verse capas doutros autores e debuxos soltos. Ademais están previstos catro obradoiros no mesmo debuxo, os días 24 de febreiro, e o 3, 10 e 17 de marzo, a cargo de autores como Primitivo Marcos, Kiko da Silva, Jacobo Fernández e Norberto Fernández.

Máis información no web do centro sociocultural

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Golfiño, Debuxo, Primitivo, Jacobo Fernández...