Fausto Isorna edita unha publicación que recolle e explica as 22 mellores portadas de Golfiño

Retrospectiva de viñetas

O debuxante e deseñador Fausto Isorna vén de presentar “Golfiño en portada”, editada baixo o seu propio novo selo, “El Patito”. A publicación recolle “22 das mellores portadas da publicación emblemática do cómic galego, xa extinta, da que Isorna foi director artístico na súa primeira e segunda etapa. O libro presenta cada portada da revista co seu orixinal a tinta, os bocexos e a capa tal e como saía á rúa”, e inclúe os comentarios de Isorna ao proceso de elaboración das ilustracións. Fausto presentará o álbum o vindeiro 16 de agosto na FNAC A Coruña ás 20 h.

Máis información sobre a revista Golfiño na súa ficha de BD ; ficha de Fausto Isorna en BD