A revista "Golfiño" finaliza a súa andaina logo de 14 números despois de terse constiuído como a grande esperanza para a BD Galega nos últimos anos.
O motivo do peche, segundo confirmou o ata o de agora director da revista, Miguel Vázquez Freire é puramente económico. A pesar de que a venda da revista en librerías e quioscos estaba a cumprir as espectativas da editorial, con mil exemplares vendidos cada mes, as subscripcións "avanzaban moi despacio". Xerais prevía nun primeiro intre a necesidade dun mínimo de 600 subscripcións para manter a revista, previsión que se revisou á baixa dixándoa en catrocentas. De calquera xeito, non se acadou tampouco este número, o que, unido ó fracaso das negociacións con varias institucións para acadar apoio económico supuxeron a inviabilidade do proxecto.
A noticia colleu de sorpresa ó propio Vázquez Freire, que a pesar de coñecer os números vermellos que viña arrastrando a revista, contaba con que a publicación se mantivese durante este ano, e pretendía realizar un relanzamento de "Golfiño" en setembro, con máis autores, cambios nos contidos e unha nova campaña publicitaria. A notificación oficial produciuse o día quince de maio, cando xa estaba preparada a portada do número quince.
Vázquez Freire destacou a importancia da iniciativa no panorama da banda deseñada galega. Lembrando a Eladio Rodríguez destacou que o homenaxado das Letras Galegas tampouco obtivo recoñecemento en vida polo seu diccionario e previu que dentro duns anos tributaranse homenaxes a "Golfiño" polo que supuxo.
Agradecendo a Edicións Xerais o apoio prestado, especialmente ó seu director, Manolo Bragado e a Celia Torres o interese amosado pola idea e amosou o seu pesar pola fin do proxecto.
Curiosamente, Vázquez Freire destacou que o índice de vendas de "Golfiño" sería excelente de aplicarse a un libro de literatura infantil. A diferente dinámica da revista, con gastos fixos máis elevados, provoca que non sexan suficientes para mantela.
De xeito persoal, Vázquez Freire amosou a súa intención de seguir traballando a prol da banda deseñada infantil galega logo de tomar un breve descanso. Próximamente publicará neste mesmo soportal un artigo titulado "Por que morren os golfiños" no que explica a súa visión sobre a fin desta publicación.
Fausto
O director artístico da revista, Fausto Isorna, amosouse satisfeito polo traballo realizado que se suma ó seu pesar pola fin do proxecto. Fausto destacou o espírito da revista no ámbito da profesionalización do sector de ilustradores e a calidade ascendente da publicación. Os problemas de distribución e de divulgación existentes no sector editorial foron para el factores decisivos no fracaso económico do proxecto.
Fausto sinalou que as críticas que sufriu a revista polo seu prezo non tiñan en conta que no proxecto se buscaba acadar unha situación digna para os ilustradores, e que as xa mentadas dificultades de distribución e divulgación impedían axustalo máis. A calidade da revista, na que o nivel dos creadores foi sempre profesional, xustificaba para o director artístico as catrocentas cincuenta pesetas de cada número.
Á noticia do peche da revista, Fausto recibiu abondosas chamadas de ilustradores e afeccionados amosando o seu apoio ó proxecto e lamentando o seu fin. Para xullo, coincidindo co Salón do Cómic de Cangas, realizarase unha xuntanza informal de autores da revista e unha exposición de orixinais na que posiblemente se inclúan traballos inéditos. Con estes actos preténdese pechar oficiosamente este proxecto e abordar a posibilidade de futuras colaboracións.
Manuel Bragado
O director de Edicións Xerais, Manuel Bragado, confirmou que o peche se debeu a razóns económicas. Máis concretamente sinalou que estaban a agardar unha subvención que finalmente non foi concedida e sen a cal o proxecto non podía ir adiante.
Bragado recoñeceu que xa desde o comezo, a viabilidade de "Golfiño" pasaba polo apoio institucional que, segundo el, e indispensable en toda a industria editorial. Logo de levar a revista durante seis meses sen subvención, a situación fíxose insostible para a editorial e decidiuse o peche.
Para o director de Xerais, este proxecto demostrou que existen en Galicia profesionais de abondo no sector para realizar un producto con estas características e reclamou o apoio do público para a banda deseñada galega.
A pesar do peche, Xerais anunciou que continuará cos seus proxectos de edición de álbumes de autores galegos. Así, a editorial está a agardar os orixinais de "A retirada de Sir John Mooe", de Pepe Carreiro, para comezar o proceso de edición. A máis longo prazo prevese editar a segunda parte de "Cita na Habana", de Fran Jaraba, que en calquera caso non se realizará antes dun ano. En canto a publicacións periódicas, nun comezo non hai ningún proxecto en marcha.
Finou o Golfiño. Descanse en Paz.