A RAG acaba de publicar un novo número do seu Boletín. Nesta entrega 386 o número recolle as achegas do simposio que a academia organizou ao redor das cantareiras e a poesía popular oral, co gallo do Día das Letras Galegas 2025. Xulia Feixoo, Sergio de la Ossa, Domingo Blanco, Manuel Rico Verea, Richi Casás, Isabel Vigo e Xabier Díaz son os autores, que asinan o monográfico e que se completan coas alocucións dos académicos no acto do Día das Letras, como Ana Boullón e os académicos Antón Santamarina e Xesús Alonso Montero. O discurso de Alonso Montero titulado Substancia poética e relevancia artística no cancioneiro da tradición oral: discurso académico en defensa e ilustración da musa popular galega, foi o derradeiro pronunciado na Academia antes do seu pasamento. Ao tempo, tamén se recollen as contribucións realizadas nas xornadas A invención da tradición, con achegas de José Carlos Sánchez Pardo, Anselmo López Carreira, Luís Domínguez Castro e Manuel Gago Mariño e das xornadas Achegas xurídicas a cuestións ambientais con Consuelo Castro Rey, Alba Nogueira López, Luís Villares Naveira e Beltrán Puentes Cociña.



