Moncho Borrajo obtén o premio Fernando Arenas cun poemario

O certame que convoca a Libraría Arenas recoñeceu a súa obra A lúa din que non chora

| Santiago. Redacción | Seccións: literatura
Compartir:
Moncho Borrajo. Fonte: Facebook do autor

Moncho Borrajo. Fonte: Facebook do autor

O cómico e actor ourensán Moncho Borrajo resultou gañador da vixésima sexta edición do premio Fernando Arenas de literatura e ensaio, que promove a libraría coruñesa Arenas. O poemario ilustrado A lúa din que non chora impúxose neste certame, que conta cunha dotación de 850 euros en metálico e a publicación da obra, prevista para o vindeiro mes de maio.

O volume que acompaña os poemas con trinta ilustracións orixinais do autor, está organizado en tres partes, Ventos de soidade, Anacos e A lúa din que non chora e propón un percorrido pola memoria do autor a retratar experiencias, saudades e momentos e sensacións da súa vida. O xurado o premio estivo composto por Javier Ozores Marchesi, Begoña Peñamaría Marcos, José María Paz Gago, Elena Galván Vázquez e Francisco Vázquez Vázquez.

Que che parece esta nova?
106 lecturas 1 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Claves