Olaia Sendón gaña o Certame de Novela Infantil Jaime Olmedo Limeses

O premio que convoca Avigal está dotado con 3.000 euros en metálico

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Olaia Sendón gaña o Certame de Novela Infantil Jaime Olmedo Limeses

A obra Alén e o dragón valeulle a Olaia Sendón facerse co II Certame de Novela Infantil Jaime Olmedo Limeses. O galardón que convoca a empresa avícola Avigal conta cunha dotación de 3.000 euros e inclúe a publicación da obra por Antela Editorial. A esta edición presentáronse un total de 40 obras.

O fallo salienta da obra "a súa calidade literaria, a orixinalidade da proposta e a súa capacidade para conectar cos lectores máis novos". Ademais, apunta "o seu dinamismo, personaxes ben traballadas e referencias á cultura popular". O traballo de Sendón está ambientado no lugar de Sardiruña, onde sempre chove, e arrinca cando Alén comeza a ter soños con dragóns e vellas misteriosas.

Que che parece esta nova?
273 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Olaia Sendón, Certame de Novela Infantil Jaime Olmedo Limeses, Soños