Ramón D. Veiga gaña o I Premio Jaime Olmedo Limeses

O autor estrea o palmarés do certame literario que convocan Avigal e Antela Editorial

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Ramón D. Veiga gaña o I Premio Jaime Olmedo Limeses

A primeira edición do certame literario Jaime Olmedo Limeses, que convocan Avícola de Galicia (Avigal) e Antela Editorial, ten xa gañador. Ramón D. Veiga impúxose no certame, dedicado á novela infantil, coa obra Pernascochas, e recibirá un premio en metálico de 3.000 euros.

Segundo explica a organización, "a obra conta a historia de Marcelina, unha nena peculiar, que lle propón a Martiño tres retos para que este poida conseguir a súa amizade: un que a sorprenda, outro que a faga rir e outro que a faga chorar como nunca antes chorara". O xurado do premio, composto por profesionais da editora, destacou a alta calidade das propostas que se presentaron ao certame.

Veiga ten publicado traballos no campo da literatura infantil e xuvenil como Violeta quere ser vampiro, Un conto do Samaín, É tempo de Entroido, Gloria ou a serie de banda deseñada Miñoca.

Que che parece esta nova?
107 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón D. Veiga, Banda deseñada, Literatura, Entroido

Claves

Protagonistas