Novas técnicas amosan na Cova Eirós unha alimentación máis diversa no Paleolítico

Unha nova técnica permite identificar fragmentos moi reducidos de ósos que cambian a perspectiva

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Novas técnicas amosan na Cova Eirós unha alimentación máis diversa no Paleolítico

A alimentación dos neandertais e sapiens que habitaron na Cova Eirós (Triacastela) foi máis diversificada do que se pensaba ata o momento. Un novo método aplicado por un grupo de investigadores da USC liderado por Hugo Bal (Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste) e outros investigadores da USC e do CISPAC permitiu identificar 114 restos óseos que non puideron ser catalogados con métodos convencionais de anatomía comparada, e que revelaron "unha maior diversidade na dieta cárnica dos grupos cazadores-recolectores". Os investigadores botaron man da técnica coñecida como zooarqueoloxía por espectrometría de masas, que analiza pequenas partes de proteínas do coláxenos dos animais e compáraas cunha especie de "base de datos" doutros animais, salvando o problema de fragmentos de ósos pouco identificables pola forma ou o tamaño. Iso permitiu identificar 114 fragmentos. Os investigadores decatáronse na actualidade que había moitos menos restos de osos das cavernas e máis presenza de grandes herbívoros, como cervos e outros. Iso amosa unha dieta máis diversa e, xa que logo, tamén diferentes estratexias de relación co medio e co contorno por parte das comunidades neandertais e de humanos modernos que habitaron nesa área montañosa de Galicia hai miles de anos. O estudo acaba de ser publicado no International Journal of Osteoarchaelogy

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Claves