A Mostra de Teatro Universitario achega 20 compañías a Ourense

O encontro outorgoulle o seu premio anual á Marcha Mundial das Mulleres

| Santiago. Redacción | Seccións: teatroespectáculos
Compartir:
A Mostra de Teatro Universitario achega 20 compañías a Ourense

Ourense acolle entre o 23 de abril e o 8 de maio a trixésima primeira edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario. Unha vintena de compañías de diferentes países participan da cita, que se desenvolve baixo o lema O espazo que ti habitas. A organización da mostra outorgoulle o seu galardón anual á delegación local da Marcha Mundial das Mulleres en recoñecemento a "a súa implicación, o seu compromiso, o seu activismo, tan necesario en días como os que corren".

A programación comezará coa actuación da Aula de Danzas do Mundo do campus de Ourense. A Aula de Teatro do Campus de Ourense Rosaura, achegará á súa vez o espectáculo Bocados nesa primeira xornada. A estas súmanse no programa aulas de teatro dos campus de Vigo, Pontevedra e Ourense (Universidade de Vigo); dos campus de Lugo e Santiago de Compostela (Universidade de Santiago de Compostela), e das universidades de Pamplona, Burgos e da Beira Interior (Covilhã-Portugal). 

No marco do programa celébranse tamén á XV Xornadas de Danza con presenza de grupos das tres universidades públicas galegas e do espazo de creación A Casa Vella de Allariz. Alén dos grupos universitarios, o programa inclúe tamén representacións a cargo de Teatro del Barrio, Marta Doviro, a compañía peruana Teatro Anaqueronte, La Líquida e Paula Carballeira. Un concerto de Iberican Roots e dous obradoiros formativos completan a proposta. 

Que che parece esta nova?
189 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Claves