A música urbana e o Novo Trad representan a escena galega nas candidaturas dos Premios da Academia da Música

Baiuca, Tanxugueiras, Sen Senra, Galician Army e Fillas de Cassandra entre os proxectos galegos finalistas

| Santiago / S.Montes | Seccións: Música
Compartir:
Fillas de Cassandra e Tanxugueiras están entre as candidatas a Mellor Canción en Galego /Asturianu

Fillas de Cassandra e Tanxugueiras están entre as candidatas a Mellor Canción en Galego /Asturianu

A terceira edición dos Premios da Academia da Música de España deu a coñecer hoxe os cinco candidatos de cada unha das 43 categorías de galardóns que reparte. Oito proxectos musicais de Galicia están presentes en categorías estatais, mentres que os cinco finalistas no Premio a Mellor canción en Galego /Asturiano son todos galegos.  

O pasado ano o premio da categoría de canción en Galego/ Asturiano foi para o dúo Caamaño&Ameixeiras, que este ano volven ter opción grazas ao tema Ghatiña Mansa que comparten con Tanxugueiras. O trío, pola súa banda, duplica as súas posibilidades ao ser tamén candidatas coa canción As que nunca cantaron. Completan o listado de candidaturas nesa categorías as Fillas de Cassandra, con Hibernarse; Sen Senra co tema Padiante e a colaboración entre Sabela e María Escarmiento coa peza Non cho Podo dar

 

Nas categorías estatais o artista galego máis presente nestas candidaturas é un ano máis Baiuca. A súa colaboración con Ízaro no tema Xorieri ft. Oreka TX colócao como candidato a mellor videoclip, mentres que a ssúa colaboración con Ale Costa na canción PAEQB (Ale Acosta Remix), faino optar ao galardón de mellor canción electrónica. Na categoría de mellor álbum de música electrónica tamén hai sitio para a música galega entre as cadidaturas grazas ao dúo Galician Army, polo seu disco Valuria

 

 Os proxectos musicais galegos tenñen sitio tamén nas candidaturas a Mellor Álbum Pop, con La Boca del Lobo, de Carlos Ares; na de Mellor Fusión/Interpretación Urbana por Te quedaste fuera, a cargo de Bewis de la Rosa e Catuxa Salom; Xoel López como candidato a Mellor canción de Cantautor con Sombras Chinas; e o disco Outras trece cancións bonitas de Germán Díaz & Benxamín Otero na categoría de Älbum de música folclórica. Completa as opcións galegas Vanessa Senra polo Deseño de Álbum de PO2054AZ, de Sen Senra.  

 

Estas candidaturas finalistas foron seleccionadas por comités de expertos  de entre os centos inscritos a través da web da Academia. Agora procederase a levar a cabo a votación dos asociados da academia. A Academia de la Música de España é unha  asociación sen ánimo de lucro  formada por artistas, autores, produtores, editores, representantes, promotores e outros profesionais do sector co fin de estimular e proclamar a excelencia, a solidariedade, o talento, o traballo e o esforzo entre a comunidade musical do Estado. Nunha gala a clebrar o vindeiro 26 de maio daránse a coñecer o gañadores desta edición.  

Que che parece esta nova?
116 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

O Colectivo Nemo organiza o seu XXI Ciclo de Fantasía e Ciencia-Ficción, adicado a Star Trek. O ciclo enmárcase dentro da tertulia viguesa do xénero fantástico.
Os xoves a partir das 21:30 h no Café UF (Rúa do Pracer 19, Vigo) Star Trek V: La última frontera (William Shatner, 1989)

Para trekkies

Universos

Claves