A sede da Deputación de Pontevedra en Vigo acolle a exposición Utopías

Cristina Fernández, Eva López e Rosa García participan deste proxecto colectivo ata o 25 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: arteexposicións
Compartir:
Momento da presentación da mostra Utopías. Fonte: Deputación de Pontevedra

Momento da presentación da mostra Utopías. Fonte: Deputación de Pontevedra

Desde o pasado 15 de abril a sala Maruja Mallo da sede da Deputación de Pontevedra en Vigo acolle a exposición Utopías. Este proxecto preséntase como unha mostra multidisciplinar que convida a se introducir "nun espazo de reflexión construído a partir de tres miradas artísticas que dialogan entre si". As creadoras Cristina Fernández, Eva López e Rosa García asinan este proxecto que se pode ver ata o 25 de maio.

Segundo sinala a presentación do evento, a mostra combina "distintas linguaxes -visuais, conceptuais e emocionais-" a propor un percorrido aberto arredor da idea da utopía "como ideal e como anhelo colectivo, pero tamén como un territorio complexo atravesado polas súas propias contradicións". 

 

Deste xeito, "as obras non ofrecen respostas pechadas, senón que funcionan como dispositivos de pensamento. Cada peza abre unha fisura desde a que observar a realidade, revelando tanto os desexos de transformación coma as incertezas e fraxilidades que definen a condición humana. O íntimo e o colectivo entrelázanse, xerando un espazo onde as experiencias individuais atopan resonancia no común, tensións entre perfección, control e liberdade".

 

No marco da iniciativa, as tres autoras desenvolven obradoiros de fotografía intervida os días 17 e 24 de abril e 8 de maio. Nestes encontros as persoas participantes "poderán xerar diferentes narrativas visuais e explorar a manipulación da imaxe como ferramenta conceptual" mediante diferentes técnicas.

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Claves