O Museo de Lugo acolle a grande exposición do ano sobre Maruja Mallo

Maruja Mallo. Vinte almas pode verse desde hoxe ata o 3 de setembro

8/6/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: arte
70 lecturas | Compartido 0 veces

O Día das Artes que se lle dedicou este ano a Maruja Mallo serve de base para a grande exposición que o Museo Provincial de Lugo centra na artista e que abre hoxe as súas portas. Maruja Mallo. Vinte almas amosa unha selección de obras desta creadora presentes en coleccións públicas e privadas galegas. Ademais, establécese unha relación entre o seu traballo e doutros coetános, coa presenza de traballos de Alberto Sánchez, Benjamin Palencia, Vlady Serge, José Caballero, Pablo Picasso, Antonio Rodríguez Luna, Juan Ismael e Joan Miró. Eugenio Granell conta tamén cun espazo destacado no proxecto con varias pezas que realizou en homenaxe á propia Mallo. A exposición complétase cun amplo apartado documental sobre a pintora e con pezas de Montse Rego, Renata Otero, Félix Fernández e David Catá, artistas contemporáneos orixinarios de Viveiro, ao igual que a artista. A exposición poderá verse ata o vindeiro 3 de setembro.

Universo culturagalega.gal

06/05/2013

Occidente de Mallo

A galería About Art afonda nunha mostra a relación de Maruja Mallo na Revista de Occidente

10/09/2009

A primeira Maruja

A exposición máis completa de Maruja Mallo descubre novas facetas da artista

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
2 lugares identificados