Galaxia relanza o selo Mar Maior

O proxecto pretende proxectar a narrativa galega no exterior mediante traducións ao castelán

| Santiago. Redacción | Seccións: literaturaa
Compartir:
Galaxia relanza o selo Mar Maior

O Círculo de Bellas Artes de Madrid acollía este 16 de abril a presentación da nova xeira do selo Mar Maior. A editorial Galaxia relanza este proxecto, nado orixinalmente en 2014, coa intención de "proxectar novas voces da narrativa galega" presentes no seu catálogo mediante a súa tradución para o castelán.

Para este 2026 está prevista a publicación no selo de Cuentos gringos, de Lara Dopazo Ruibal; Las Jermaine, de María Alonso Seisdedos; Runrún, de Ana Varela; Argonautas en el laberinto (Premio de Novela Camiño de Santiago 2024), de Fernando García Calderón, e as novelas Morgana en Esmelle Circe o el placer del azul, de Begoña Caamaño, homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026. Na súa primeira época, o selo publicara unha trintena de títulos de narrativa galega en español. 

Que che parece esta nova?
117 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Narrativa, Tradución, Editorial Galaxia, Madrid...