Galaxia adianta en Bos Aires o seu proxecto Mar Maior

O selo internacional da editora galega iniciará a súa actividade en 2014

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Galaxia adianta en Bos Aires o seu proxecto Mar Maior

Cun ano de atraso sobre o anunciado, a editorial Galaxia prevé iniciar en 2014 a actividade de Mar Maior. A firma viguesa está a presentar na Feira Internacional do Libro de Buenos Aires as liñas básicas do selo co que quere difundir as nosas letras a partir das comunidades de galegos distribuídas polo mundo. O proxecto iniciará a súa actividade coa publicación de Os galegos e a Arxentina un ambicioso libro-álbum en grande formato do que sairán 5.000 exemplares en castelán e 1.000 en galego.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bos Aires, Feira, Editorial Galaxia, Arxentina

Claves

Entidades
Conceptos