Un ciclo de cinema leva o audiovisual galego a Bos Aires

Dezasete filmes proxéctanse nunha actividade paralela á Feira do Libro

27/4/2016 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: audiovisual
1 lecturas | Compartido 0 veces
As actividades da 42ª Feira Internacional do Libro de Buenos Aires, que está a celebrar con Compostela como cidade convidada, chegan para alén do literario. Galicia en cine é o título do ciclo cinematográfico que acolle o Cine Gaumont da capital arxentina ata o vindeiro 4 de maio. O programa achega unha selección de dezasete filmes do audiovisual galego máis actual, con títulos como Lobos sucios, As altas presións, A esmorga, Maimiño ou Inevitable entre outras.

Universo culturagalega.gal