O concello de Santiago presenta a súa programación na Feira do Libro de Bos Aires

Actividades con escritores e un mapa literario centran a proposta

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O concello de Santiago presentou a súa programación de cara a Feira Internacional do Libro de Bos Aires, onde Compostela é cidade convidada este ano. Canda a programación presentada pola Xunta de Galicia, o concello de Compostela engadirá varios escritores á delegación que leva a Xunta: autoras como Teresa Moure, Clara Gayo, Diego Ameixeiras e Antón Lopo, que participarán en diferentes actividades, desde lecturas dramatizadas a performances ou debates en diferentes puntos da cidade. A maiores, presentarán un Mapa Literario de Santiago, realizado a partir dunha idea do colectivo Compostela Literaria, que recolle fragmentos literarios de 14 escritores sobre a cidade. O mapa estará dispoñible en papel e nunha app.

Que che parece esta nova?
97 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Concello de Santiago, Bos Aires, Feira do Libro...