A pasada semana, Galaxia presentaba na Feira Liber de Madrid, da man de Boa Music Sueños del Gatipedro, unha proposta de libro discos en castelán para os máis novos. O lanzamento súmase a Mar Maior o anunciado proxecto da mesma editora centrado na edición na mesma lingua de obras do país. De xeito similar, Rinoceronte Editora lanzaba recentemente o proxecto multilingüe infantil e xuvenil Sushi Books, que suma á súa oferta de literatura para adultos en castelán Pulp Books. Logo de anos nos que os autores galegos saían fóra do país da man de editora foráneas semella que o modelo pode estar a mudar.
A feira do libro de Madrid, Liber, acollía a pasada semana a presentación dunha aposta inédita da colección Galaxia. Da man de Boa Music, a histórica firma galega lanzaba a colección Sueños del Gatipedro, unha serie de libro-discos que achegan o traballo de músicos galegos ao público infantil en castelán. Magín Blanco e Mamacabra son os protagonistas desta estrea. A aposta cobra aínda máis importancia se temos en conta que en breve a editora prevé presentar Mar Maior. Segundo explica Francisco Castro, reponsable da iniciativa Sueños del Gatipedro insírese na aposta de proxección exterior que inclúe tamén o proxecto Mar Maior. Todo fai parte dunha estratexia común que para nós é coherencia coa función coa que se creou Galaxia, que é promover a cultura galega, editando libros en galego, traendo autores foráneos para a nosa lingua e tamén exportando.
Mar Maior
Mar Maior, como xa adiantou a editorial, pretende atopar na rede de galegos no mundo a súa potencial clientela e base de difusión. Así, mercados como os de Sudamérica, México, España ou Portugal preséntase como obxectivos preferentes con produtos como Os galegos e a Arxentina un ambicioso libro-álbum en grande formato que terá versións en galego e castelán. Canda a isto, editar para España os traballos en castelán de autores galegos como Cunqueiro ou Blanco Amor e traducir para este mercado obras doutros escritores e escritoras do país fan parte deste ambicioso proxecto.
Rinoceronte
De xeito paralelo a estas propostas, están as de Rinoceronte editoras, que ataca o mercado en castelán tamén cunha liña infantil e outra para adultos. Así, en 2011 presentaba o selo Pulp Books centrado especificamente na edición en castelán e noutras linguas de autores galegos. É nesta colección que se integra a recente tradución ao xaponés de A arte do fracaso de Berta Dávila. Canda a este título, pódese a Diego Ameixeiras e italiano ou alemán, a Iolanda Zúñiga en catalán ou a Fran Alonso en castelán. Segundo sinala Moisés Barcia, responsable do proxecto, en Rinoceronte xa desde o primeiro momento exploramos diferentes posibilidades de levar fóra os autores galegos, desde a Axencia Literaria ata a colección Inversa, sempre tivemos claro que queriamos traballar nas dúas línguas. A esta aspiración, démoslle forma con Pulp e agora con Sushi Books. Este selo, máis recente, céntrase en títulos para lectores e lectoras de entre 3 e 15 anos, con tres series organizadas por idades.
Outras propostas
É certo que o feito de editoras galegas a editar simultaneamente en varias linguas non é un fenómeno novo. O éxito de propostas como OQO e Kalandraka amosan desde hai anos o éxito deste modelo á hora de vender fóra do país literatura infantil e xuvenil. Coma eles, no campo da banda deseñada existen propostas similares como a de El Patito Editorial, ou na poesía Espiral Maior, e non son as únicas, outras editoras apostaron tamén por lanzar algúns dos seus títulos ao mercado estatal. No entanto, o lanzamento de propostas con marcas específicas e cun catálogo amplo desde Galicia para o exterior semella entrar nunha nova fase ao se incorporar Galaxia, un dos selos de referencia do país, a esta fórmula.
A influencia
Barcia recoñece a influencia que a experiencia internacional de Kalandraka e OQO pode ter á hora de animar a outros a seguir camiños semellantes. Está claro que é unha fórmula que ten interese. A literatura infantil funciona ben e a ilustración pódese vender con facilidade fóra, xa os textos son breves e traducilo e mudalos non é custoso, explica. No entanto advirte que as novas iniciativas que vaian xurdindo na mesma liña terán que demostrar que poden facer cousa diferentes, non vai abondar con repetir a mesma fórmula.
Causas
Á hora de explicar o que semella unha tendencia incipiente, Barcia sinala a posible influencia de causas económicas. Pode influír a escaseza de vendas en galego. Atopamos un público ao que non lle interesa nin defende unha literatura na súa lingua e unha administración que fai deixadez absoluta das súas funcións e ten abandonada a produción literaria en galego. Canda a isto, cabe tamén a posibilidade dun certo peso das novas tecnoloxías no fenómeno. A impresión baixo demanda, coa posibilidade de tiraxes máis curtas sen incremento de costo e a redución de custes de almacenaxe pode influír no nacemento dalgunhas destas propostas. Pode ser que editoras que comezan boten man da tecnoloxía para afrontar algo que antes só podían facer empresas constituídas, pero para editoras con dimensións importantes como Galaxia non penso que este factor inflúa. Desde Galaxia, Castro apunta a emerxencia de mercados globais como un elemento a ter en conta. Todo ten o seu tempo, estamos nun mundo cada vez máis globalizado e iso lévanos a ser tamén máis globais. Os novos tempos abren novos camiños, e penso que esta é unha tendencia común.
Posibilidades
Malia á apertura a novos mercados que supoñen estas propostas, desde Rinoceronte advirten que se trata dun ámbito no que se dá unha competencia feroz e que, pola súa experiencia, é difícil posicionar os autores galegos . Estamos ante un merado hipersaturado no que se produce moito máis do que antes, cada mes saen dez novas editoriais e é practicamente imposible atender a todo. Para máis, existen prexuízos sobre os galegos, como se pode ver periodicamente na prensa, que non resultan favorecedores. Entón un selo con literatura rusa ou escandinava vai ter mellor acollida. Nese sentido recoñece que a súa aposta con Pulp Books para nós non é tanto o rédito ou a difusión que vaiamos a ter, vémolo como unha carreira de fondo, que temos que estar aí. Xa lles advertimos aos autores que non agarden grandes cifras porque é moi difícil abrirse un oco. Pola súa banda Castro apunta vantaxes e inconvenientes neste modelo de edición directa fronte ao tradicional, no que se vendían os dereitos para editoras foráneas editasen os nosos autores noutras linguas. O modelo tradicional de venda de dereitos é moi traballoso, pero tamén é parte do traballo de editor. O inconveniente é que perdes algo tan fermoso como levar da man un autor ou autora.