Nace a editora Huguin e Munin, centrada na tradución de narrativa

O proxecto preséntase o vindeiro sábado 17 na Galería Sargadelos de Lugo

14/12/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Verter para o galego títulos de narrativa de ficción de calidade. Esta é a premisa coa que nace a editora Huguin e Munin, con sede en Santiago, e que se presenta ao público o vindeiro sábado 17 ás 20 horas na Galería Sargadelos de Lugo. O forasteiro misterioso de Mark Twain e Servizo de Correos, de Charles Bukowski son os primeiros lanzamentos da firma, que quere desenvolver a súa actividade baixo a fórmula dun club ou círculo de lectura, mediante subscrición. A intención da editora é tirar oito títulos ao ano, prestando especial atención ás "literaturas inglesa e francesa, as literaturas nórdicas e as literaturas minorizadas", así como ao deseño do libro e á corrección da escrita, que sinalan como "elementos fundamentais da engrenaxe editorial".

A intención da editora é tirar oito títulos ao ano, prestando especial atención ás "literaturas inglesa e francesa, as literaturas nórdicas e as literaturas minorizadas", así como ao deseño do libro e á corrección da escrita, que sinalan como "elementos fundamentais da engrenaxe editorial".

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Narrativa, Galería, Galería Sargadelos, Sargadelos...