Faktoría K fai dous anos cunha colección de narrativa para adultos e outra de autores periféricos

Lecturas adultas

13/11/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
“Lecturas de altura” é o título da nova colección de narrativa en galego e en brevé tirará á luz Faktoría K. A serie, dirixida a un público adulto, quere achegar autores universais ao galego, e arrinca con obras de Boris Vian, Eric-Emmanuel Schmitt, Vladimir Navokov e John Boyne. Ao tempo, a editora lanza “Periferias”, unha colección en castelán que traducirá obras de autores galegos e do resto da lusofonía. Celso Emilio Ferreiro e Fran Alonso son os encargados de abrir fogo. A editorial tamén lanzará o mes que ven a edición en galego do libro "O neno do pixama a raias", a ficción máis vendida na actualidade. Os primeiro títulos de “Lecturas de altura” preséntase o vindeiro xoves na libraría Couceiro, de Santiago, ás 20 horas, o vinte de novembro en Nós, na Coruña, e o 14 de decembro na viguesa Andel.

Máis información no web da editora

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Narrativa, Celso Emilio Ferreiro, Fran Alonso, Lusofonía...

Claves

Lugares