Rinoceronte abrirá unha colección para traducir autores galegos a outras linguas

Á inversa

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
“Longa noite de pedra” de Celso Emilio Ferreiro e “Gramática do silencio” de Eusebio Lourenzo Baleirón son os títulos que inaugurarán “Inversa”, a nova sección da editora Rinoceronte para traducir autores galegos. Estas obras presentaranse en castelán, pero a empresa ten a intención de traducir tamén a outras linguas. Deste xeito, Rinoceronte, que nacera para verter autores clásicos ao galego, amplía o seu horizonte. Entre as novidades para o 2007 está a edición na nosa lingua das obras de autores como o serbio Ivo Andric, o xaponés Yasunari Kawabata, o sudrafricano J.M. Coetzee ou o senegalés Oursmane Sembene.

Máis información no web de Rinoceronte e sobre a editora na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
115 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Celso Emilio Ferreiro, Clásicos, Culturagalega

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos