Edicións Xerais inicia senllas coleccións de clásicos galegos e universais e anuncia outras novidades

Clásicos en xeral

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Celso Emilio Ferreiro, unha antoloxía de poesía medieval e un poemario inédito de Manuel Lueiro Rei iniciarán a nova colección “Xerais Clásicos” que abrirá a editora viguesa no vindeiro mes de maio. Canda esta serie anuncian a de “Clásicos Universais” coa publicación da “Divina Comedia” e do “Cancioneiro” de Petrarca traducidos por Darío Xohán Cabana e do “Decamerón”, vertido ao galego por Moisés Rodríguez Barcia. Outra colección, “Xerais Poesía”, ocupará o posto da desaparecida “Ablativo Absoluto”.

Máis información na edición de hoxe de El Progreso e sobre a desaparición de “Ablativo Absoluto”en culturagalega.org

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Clásicos, Poesía, Culturagalega, Edicións Xerais...