“La Voz de Galicia” achegará aos quioscos clásicos universais traducidos ao galego

A terceira colección

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Primeiro foron obras en galego. Despois obras en castelán de autores galegos. Agora, “La Voz de Galicia” anuncia que a partir do vindeiro catro de setembro poderase adquirir canda ao xornal e por un euro unha selección de clásicos universais vertidos para o noso idioma. Marx, Machiavelli, Joyce ou Platón forman parte da selección de corenta obras que forman parte da Biblioteca Galega de Clásicos Universais. Persoeiros coma Xosé Ramón Barreiro, presidente da Real Academia, amosaron xa o seu apoio público a esta promoción, que, segundo el, “contribúe de xeito decisivo á normalización”.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Clásicos, La Voz de Galicia, Xosé Ramón Barreiro

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos