O VI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra dedicarase aos clásicos universais do xénero

Grandes clásicos pequenos

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

As obras clásicas universais da literatura infantil e xuvenil serán os protagonistas da sexta edición do Salón do Libro de Pontevedra. Os organizadores do evento, Asociación Socio-Pedagóxica Galega, Concello de Pontevedra e Asociación Máis Libros, anunciaron o tema e a convocatoria do encontro a celebrarse entre o domingo 30 de xaneiro e o sábado 5 de febreiro do 2005 no Pazo da Cultura como xa é habitual. A organización traballa na elaboración dunha relación de obras e autores de referencia, así como unha guía de obras traducidas ao galego, co obxecto de promover o coñecemento e a lectura dos clásicos desde a nosa lingua.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Clásicos, Xénero, Guía, Literatura...