O xornal La Voz de Galicia comezará en setembro a distribución de corenta obras en castelán de autores de orixe galega

Libros de raíz

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Tal como fixera no ano 2002 coa literatura en galego a través da Biblioteca 120 o xornal La Voz de Galicia comezará en setembro a distribuír títulos en castelán de autores de orixe galega e de todos os xéneros literarios e a baixo prezo. Entre os corenta títulos que a Biblioteca Gallega de Autores en Castellano, tal é o nome da colección, lanzará ao mercado están obras de escritores clásicos e contemporáneos como Valle Inclán, Cela, Fernández Flórez, Eugenio Fernández Granell, Rosalía, Otero Pedrayo e Cunqueiro entre outros. Tamén a máis recente creación estará representada con obras de Susana Fortes, Marta Rivera,ou Salvador de Madariaga, entre outros. O xornal agarda obter un éxito similar ao conseguido coa Biblioteca 120, da que se venderon seis millóns de exemplares e que foi obxecto de críticas desde o sector libreiro pola perda de ventas que segundo eles supuña para estes establecementos.

Máis información La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia, Marta Rivera, Eugenio Fernández Granell, Valle Inclán...